O
pasado día 17 de Xullo a Área comarcal de Muller de Esquerda Unida
celebramos un coloquio sobre a Contrarreforma da Lei de Saúde Sexual
e Reproductiva. Foi ás nove da tarde no Salón de Conferencias do
Hotel Nueva Colina de Tomiño.
O
acto, que se encadra dentro da campaña que estamos a realizar para
advertir do recorte de dereitos que esta Contrarreforma supón para
mulleres e profesionais, contou coa presenza de Isabel Blanco,
xinecóloga no Servizo Galego de Saúde e Eva Solla, deputada no
Parlamento de Galicia por Alternativa Galega de Esquerda.
Para
Esquerda Unida é intolerable que o Goberno do Estado, reponsable do
maior recorte de dereitos sociais da Historia recente, incluídos os
dereitos da infancia, pretenda lexislar sobre o dereito individual de
cada muller a decidir libremente sobre a súa maternidade.
Na
súa intervención Eva Solla reclacou que "non podemos tolerar
esta inxerencia na nosa liberdade. Trátase dunha cuestión de
Dereitos Humanos, xa que, coma apunta a Organización Mundial da
Saúde, a restricción do acceso ao aborto legal e seguro non reduce
o número de abortos, se non que aumenta o número de abortos
realizados en condicións inseguras".
Así
mesmo, Solla fixo un repaso polos argumentos que o Partido Popular
esgrime para defender dita Contrarreforma, lembrando que non existe
reclamo social : " Todo o contrario: As mulleres estamos en
contra e as profesionais tamén. Pero ademáis o PP nunca respetou o
consenso ao que apela, recurrindo incluso, a Lei do ano 85 perante os
tribunais"
Pola
súa banda Isabel Blanco expuso a evolución da Interrupción
Voluntaria do Embarazo na nosa Sanidade e lembrou que " A Lei
actual non obriga ás mulleres a abortar, retirala obrigaría a dar
luz. Pedimos que se respete a liberdade da muller"
Esquerda
Unida defende a Educación Sexual e a necesidade dun acceso
igualitario aos métodos anticonceptivos para todas as mulleres, así
coma o libre dereito a un aborto legal e seguro na Sanidade Pública,
fora tamén do Código Penal para mulleres e profesionais sanitarios
e sanitarias.