miércoles, 26 de septiembre de 2012

Dende a área de Muller de Esquerda Unida da comarca de Vigo sumamosnos e apoiamos a manifestación organizada pola Marcha Mundial das Mulleres o vindeiro venres, 28 de Setembro  xa que consideramos que os intentos de acabar cos avances conseguidos polo feminismo non son máis que outra mostra do capitalismo salvaxe, sistema sustentado nas desigualdades sociais.
 
Invitámosvos a participar a todos @s que poidades
 
 
Este 28 de Setembro a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres quere facer un chamamento a participar da manifestación que terá lugar en Vigo ás 20.00h e que percorrerá a cidade dende a praza da Farola de Urzaiz ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Manifestación convocada pola suma de forzas do movemento feminista da Galiza en coordenación co movemento estatal.

A Marcha Mundial ven realizando durante os meses de Agosto e Setembro convocatorias de concentracións todos os martes ás 20.30h como parte dunha campaña de resposta na rúa ás ameazas do goberno do Partido Popular que quere modificar a actual lei do aborto para retroceder nos dereitos das mulleres. Dende a Marcha chamamos a participar nesta manifestación do 28 de setembro como punto de chegada desta campaña de resposta na rúa e punto de partida para as accións que desenvolveremos dentro da Campaña Europea que comezará o 4 de Outubro de forma simultánea en máis de 10 países europeos.

Sumemos esforzos para loitar polos nosos dereitos, este 28 de setembro o feminismo na Galiza liderando a loita polos dereitos das mulleres no noso país partilla convocatoria con todas aquelas mulleres que no estado español, e no mundo, sairán ás rúas para defender o noso #dereitoadecidir e o #abortolibre.
 
Venres 28 de setembro
Vigo, dende a Farola de Urzáiz
20.00h
Manifestación!!
 
 

ACUDE E DIFUNDE!!!

No hay comentarios: